InicioSociedadeGran parte da provincia estará este venres no alto risco de incendio...

Gran parte da provincia estará este venres no alto risco de incendio polas altas temperaturas

A Coruña e Pontevedra son dous das zonas que escapan do risco máximo, no que estará case toda España

PUBLICADA O

- Advertisement -

Case toda España, incluídas as provincias de Lugo e Ourense, estará este venres no alto risco de incendios debido ás altas temperaturas provocadas pola primeira onda de calor do ano en España, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Así, o mapa de risco de incendios forestais para este venres, recollido por Europa Press, sitúa en risco extremo (cor vermella), moi alto (laranxa) e alto (amarelo) a case toda España. Pola contra, A Coruña, Pontevedra, Cantabria, Valencia, Castelló e puntos de Asturias terán un risco baixo ou moderado.

O sur de Ourense está sinalado como a área de Galicia con maior risco de incendio. Esta zona figura en ‘vermello’ –nivel máximo– no mapa da Aemet, mentres que o resto da provincia queda en laranxa –risco moi alto– e amarelo –alto–.

Este último nivel é o que imperará en gran parte da provincia de Lugo, aínda que tamén hai áreas sinaladas en laranxa. Por contra, Pontevedra e A Coruña vivirán un venres cun risco entre baixo e moderado, aínda que algúns puntos do interior coruñés presentan maior risco de incendio.

Para previr incendios forestais, Protección Civil pide prestar especial atención ás normas de Galicia sobre prevención de incendios e períodos autorizados para realizar queimas de restrollos; evitar tirar cigarros, lixos e, especialmente, botellas de vidro que fan efecto lupa co sol xa que as neglixencias provocan gran parte de incendios forestais; ou non acender lumes ou fogueiras no monte e terreos próximos.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...