InicioSociedadeComeza a mellorar a presión da quinta onda en Lugo

Comeza a mellorar a presión da quinta onda en Lugo

Baixan os casos e a presión hospitalaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

situación epidemiolóxica mellora en Galicia cun descenso xeneralizado dos indicadores ao reducirse a 837 os novos contaxios de Covid-19 –tras caer por primeira vez o luns por baixo do milleiro en dúas semanas– e baixar a 303 os hospitalizados por este coronavirus –25 menos– e a 18.771 os casos activos. Tamén a taxa de positividade descende a un 12%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, na área de Lugo seguen catro pacientes Covid en UCI e baixan a 39 os doutras unidades –dous menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Tamén se reducen os casos activos de Covid-19 por segunda xornada consecutiva en Galicia ata os 18.771, que supoñen 36 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (863) que contaxios (837), ao que se engaden 10 falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 710 infeccións activas máis que as 18.061 contabilizadas o martes 27 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, baixan 26 en Lugo, que queda con 2.231 casos.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, esta primeira semana de agosto mantense a tendencia descendente nos contagios ao arrincar con menos de mil novos, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, e caer a 837 este martes, que implican 102 menos que os 939 do luns.

En Galicia foron confirmados 878 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 27 menos que o día anterior, dos cales 103 foron da provincia.

ÚLTIMAS

Morre un traballador en Baleira ao sufrir unha caída desde unha estada

Un home faleceu no mediodía deste venres no municipio lugués de Baleira ao sufrir unha...

A Deputación de Lugo dá luz verde á mellora das estradas provinciais

A xunta de goberno da Deputación de Lugo deu luz verde a licitar, por...

Un xulgado de Lugo condena a Correos a recoñecer unha subida salarial denegado a unha empregada de baixa por maternidade

O xulgado do social número 1 de Lugo condenou a Correos e á Seguridade Social a...

A Audiencia de Lugo absolve por falta de probas a un acusado de agresión sexual á filla menor de idade da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un acusado dun delito continuado...