InicioSociedadeSanidade comunica tres falecementos con Covid na área de Lugo

Sanidade comunica tres falecementos con Covid na área de Lugo

As vítimas mortais en Galicia alcanzan as 2.474 tras sumar un total de 10 persoas que perderon a vida entre o 30 de xullo e este 2 de agosto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A quinta onda da pandemia segue cobrándose vidas en Galicia, que alcanzou este luns as 2.474 vítimas mortais tras notificar as autoridades sanitarias outros dez falecementos, a cifra máis alta comunicada nunha xornada –aínda que as mortes se produciron en varios días— desde o pasado 1 de marzo.

Tras os primeiros días de marzo –en concreto o 1 notificáronse 14 falecidos–, o número de vítimas mortais comunicadas por Sanidade en Galicia nunha única xornada descenderan paulatinamente de forma significativa. Pero neste luns, no que os contaxios caeron, aínda que se elevou a presión asistencial, comunicáronse un total de 10 falecementos.

Deles, tres pertencen á área sanitaria de Lugo. En concreto, o 1 de agosto faleceron dúas persoas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA): un home de 79 anos e unha muller de 89. Ao día seguinte, 2 de agosto, Sanidade comunica outra morte máis neste mesmo hospital dun home de 85 anos.

Ademais, Sanidade informa de que o pasado 30 de xullo faleceu unha muller de 93 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e o 31, unha muller de 95 no Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP). O 1 de agosto notifica tamén dúas mortes no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) –dous anciáns de 94 anos–, e outro home de 87 no Hospital do Salnés.

Neste luns 2 de agosto, Sanidade notifica unha muller de 91 falecida no Hospital do Salnés e outra anciá de 91 no CHOP–. Sanidade trasladou que todos os falecidos tiñan patoloxías previas.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...