InicioSociedadeBaixan os casos activos de Covid pero aumenta a presión hospitalaria na...

Baixan os casos activos de Covid pero aumenta a presión hospitalaria na provincia de Lugo

Houbo 128 novos contaxiados o domingo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca a primeira semana de agosto cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 939, polo que se sitúan por baixo do milleiro por primeira vez tras 13 días, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 328 –unha ducia máis– e a taxa de positividade repunta a un 14,9%. Os casos activos descenden a 18.807.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, a área de Lugo mantén catro en críticos e 41 noutras unidades –un máis–.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19, tras o lixeiro incremento da xornada anterior e o descenso do sábado, baixan a 18.807, que supoñen 157 menos, ao haber máis altas (1.093) que contaxios (939), ao que se engaden tres falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 1.509 infeccións activas máis que as 17.298 rexistradas o luns 26 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en Lugo (-9), que queda con 2.257 contaxiados.

NOVOS POSITIVOS

A primeira semana de agosto arrinca con menos de mil novos contaxios de Covid-19, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, ao descender a 939, que supoñen 361 menos que os 1.300 do primeiro día deste mes.

En Galicia foron confirmados 905 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 252 menos que o día anterior, dos cales 128 corresponden á area de Lugo.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...