InicioSociedadeLugo perdeu case 500 habitantes en 2020

Lugo perdeu case 500 habitantes en 2020

Galicia rexistrou o seu peor índice vexetativo desde que hai rexistros.

PUBLICADA O

Galicia rexistrou un saldo vexetativo negativo en 2020 de 17.561 mortes máis que nacementos, a peor cifra desde que hai rexistros (1975), segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística. Aínda que o saldo vexetativo negativo contraeuse lixeiramente en 2019 (-15.550) respecto de 2018 (-15.859), en 2020 volve empeorar ata alcanzar a cifra máis negativa da serie histórica. Esta situación explícase por un incremento dun 5% nos falecementos nun ano marcado pola pandemia, un total de 32.822, tamén o peor dato histórico. Así mesmo, o IGE destaca que hai máis de 30 anos que a comunidade galega non presenta un saldo vexetativo positivo (máis nacementos que mortes). De feito, en Galicia só hai cinco municipios con saldo vexetativo positivo: Ames (+48), O Porriño (+35), Salceda de Caselas (+14), Oroso (+3) e Arteixo (+2). No outro extremo, destacan: A Coruña (-1.150), Vigo (-1.108), Ourense (-701), Ferrol (-568) e Lugo (-468). Toda a información no Galicia Confidencial.
+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...