A quinta onda da covid xa chegou de cheo a Lugo

Hai máis de cen casos diarios e o número de activos xa está preto dos 1.200.

Test COVID-19 en Galicia.. DAVID CABEZÓN/XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Os novos contaxios de Covid-19 volveron a repuntar por encima do milleiro tras o descenso da xornada anterior e ascenden a 1.165 no conxunto de Galicia, así como os hospitalizados, que soben a 149 –nove máis– e os casos activos superan os 12.000. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 10,9% tras arrincar a semana cun 13,5%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do luns, recollidos por Europa Press, a provincia de Lugo continúa sen críticos pero con 14 noutras unidades –un máis–.

CASOS ACTIVOS EN ASCENSO

Os casos activos de Covid-19 seguen con tendencia ascendente por vixésimo sétimo día consecutivo e sitúanse en 12.037, que constitúen 951 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (1.165) que altas (213), ao que hai que engadir un falecemento.

Con respecto a fai sete días, as infeccións activas supoñen máis do dobre, posto que o pasado martes 13 de xullo había 5.684 no conxunto da Comunidade galega. Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse en todas elas, con Lugo  con 116 novos casos o que incrementa o número de activos a 1.139 en toda a provincia.

MÁIS DE CEN CASOS

En canto aos novos contaXios de Covid-19, superaron de novo o milleiro ao alcanzar os 1.165 despois de comezar a semana con 975, o que supón 190 máis que o día pasado. No conxunto de Galicia foron confirmados 1.008 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 45 máis que lle día anterior, dos cales 117 corresponden á area de Lugo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here