InicioSociedadeSeguen aumentando os casos covid e a presión hospitalaria na provincia

Seguen aumentando os casos covid e a presión hospitalaria na provincia

Hai xa máis de 350 casos activos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia alcanza os 3.231 casos activos de Covid-19, que supoñen máis de 1.390 máis que hai unha semana, tras dispararse os novos contaxios a 412, que implican 45 máis que o día pasado; mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavorus mantéñense en 58 –nove deles en ICI– e a taxa de positividade segue nun 5,8%.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, a área sanitaria de Lugo continúa cun en críticos e concentra catro noutras unidades –un máis–.

REPUNTAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19 superan a barreira dos 3.000 para situarse en 3.231, cando hai unha semana atopábanse en 1.837, o que implica un aumento de 1.394 en sete días, o que supón un novo ascenso por décimo quinta xornada consecutiva. Por tanto, hai 314 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (412) que altas (97), ao que se suma unha nova vítima mortal.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan de novo nas sete, 38 en Lugo, o que deixa xa o número total de casos activos en 352.

MÁIS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de Covid-19 disparáronse por encima dos 400 ata os 412, que representan 45 máis que os 367 da xornada pasada e 154 máis que fai sete días, tras arrincar esta semana con 244. Por tanto, continúa a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. Deles, 47 son da área de Lugo.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...