InicioSociedadeA Deputación apoia a contratación dun intérprete na Asociación de Persoas Xordas

A Deputación apoia a contratación dun intérprete na Asociación de Persoas Xordas

O presidente da Deputación, José Tomé reivindicou a importancia desta colaboración, mediante a que se busca mellorar a calidade de vida das persoas xordas da provincia e as súas familias, así como evitar situacións de illamento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación Provincial apoia a contratación dun intérprete de lingua de signos na Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu) con 23.000 euros.

O presidente da institución provincial, José Tomé Roca, e o seu homólogo na asociación, Daniel Lourés Ferro, asinaron un convenio de colaboración que permitirá que a Deputación Provincial achegue 23.000 euros para contribuír a eliminar barreiras de comunicación dos usuarios do servizo. Así, poderase contratar un intérprete de lingua de signos a xornada completa durante este ano.

José Tomé reivindicou a importancia desta colaboración, mediante a que se busca mellorar a calidade de vida das persoas xordas da provincia e as súas familias, así como evitar situacións de illamento.

Este servizo de intérpretes permite superar as barreiras de comunicación e axudar á igualdade de oportunidades das persoas xordas, fomentando a súa participación social”, destacou o presidente da Deputación Provincial.

En concreto, facilita que as persoas con discapacidade auditiva poidan realizar xestións da vida diaria e actuar de modo independente, ademais de acceder en igualdade de condicións a actos, actividades e servizos sociais, de sanidade, de educación, laborais e culturais.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...