Galicia arrinca esta semana con 244 novos contaxios de Covid-19, case o dobre que o luns pasado (123), cunha repunta nos pacientes hospitalizados a 61 –dez máis– e con 2.466 casos activos, que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Pola súa banda, a taxa de positividade diminúe lixeiramente a un 3,6% no conxunto da Comunidade galega.
Segundo os publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 11 as persoas ingresadas na UCI pola Covid –unha máis– e a 50 as que se atopan noutras unidades –nove máis–. Pola súa banda, 2.405 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en Lugo, que mantén un ingresado en críticos pero conta con tres noutras unidades –un máis–.
CASOS ACTIVOS EN AUMENTO
Pola súa banda, Galicia inicia esta semana con 2.466 casos activos, que supoñen 181 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (244) que altas (63), polo que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan em 24 en Lugo que ten xa 264 casos activos.
REPUNTAN OS CONTAXIOS
En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentaron a 244 no arranque desta semana, que supoñen 15 máis que a xornada anterior e case o dobre que fai sete días, polo que manteñen a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. Segundo os datos actualizados por Sanidade, houbo 34 casos novos na área de Lugo.