InicioA UlloaAumentan os casos e os hospitalizados con covid na provincia de Lugo

Aumentan os casos e os hospitalizados con covid na provincia de Lugo

Hai 34 novos contaxiados e unha nova persoa ingresada en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia arrinca esta semana con 244 novos contaxios de Covid-19, case o dobre que o luns pasado (123), cunha repunta  nos pacientes hospitalizados a 61 –dez máis– e con 2.466 casos activos, que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Pola súa banda, a taxa de positividade diminúe lixeiramente a un 3,6% no conxunto da Comunidade galega.

Segundo os publicados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, aumentan a 11 as persoas ingresadas na UCI pola Covid –unha máis– e a 50 as que se atopan noutras unidades –nove máis–. Pola súa banda, 2.405 pacientes permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en Lugo, que mantén un ingresado en críticos pero conta con tres noutras unidades –un máis–.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Pola súa banda, Galicia inicia esta semana con 2.466 casos activos, que supoñen 181 máis que a xornada anterior, ao haber máis contaxios (244) que altas (63), polo que acumulan doce xornadas consecutivas en ascenso. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan em 24 en Lugo que ten xa 264 casos activos.

REPUNTAN OS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 aumentaron a 244 no arranque desta semana, que supoñen 15 máis que a xornada anterior e case o dobre que fai sete días, polo que manteñen a tendencia iniciada o xoves 24 de xuño, cos contaxios por encima do centenar. Segundo os datos actualizados por Sanidade, houbo 34 casos novos na área de Lugo.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...