InicioSociedadeMorre un home de 61 anos no Lucus Augusti con covid e...

Morre un home de 61 anos no Lucus Augusti con covid e sen patoloxías previas

Había semanas que non había mortos na capital lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A morte dun home de 61 anos diagnosticado con covid-19 en Lugo eleva a 2.437 os falecidos asociados á pandemia en Galicia.

Segundo comunicaron este venres as autoridades sanitarias galegas, o falecido no Hospital Lucus Augusti da capital luguesa carecía de patoloxías previas.

O deceso produciuse na xornada do xoves 1 de xullo. Trátase do primeiro da semana, posto que o falecemento dun home de 47 anos comunicado o luns rexistrouse na xornada anterior.

Con esta son xa 2.437 as persoas falecidas vinculadas á pandemia en Galicia desde marzo de 2020.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...