InicioSociedadeA Deputación de Lugo, elixida de novo para participar nun cume europeo...

A Deputación de Lugo, elixida de novo para participar nun cume europeo polo seu modelo de atención a maiores

A institución provincial participará nun taller de traballo centrado na dixitalización para apoiar un envellecemento "saudable"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo foi seleccionada un ano máis para participar na 19ª Semana Europea de Rexións e Cidades, que se celebrará do 11 ao 14 de outubro baixo a lema ‘Xuntos pola Recuperación’, polo seu modelo de atención ás persoas maiores.

Nesta ocasión, a institución provincial tomará parte nun taller de traballo centrado na dixitalización para apoiar un envellecemento “saudable” e unha “mellor” calidade de vida para os maiores, ademais de incentivar a transformación dos sistemas sanitarios en Europa, segundo informa a Deputación lucense nun comunicado.

Ademais, o goberno provincial establecerá un intercambio “construtivo e multinivel” entre rexións e cidades, institucións europeas e sociedade civil sobre a dixitalización e a súa centralidade na construción de solucións “innovadoras, sustentables, resilientes e prácticas” para o coidado das persoas maiores e todo o sistema de saúde.

Xunto á Deputación de Lugo, está prevista a participación dos representantes da Rede Europea de Autoridades Sanitarias, Rexionais e Locais (Euregha), comisarios e parlamentarios europeos, así como membros da Dirección Xeral de Apoio ás Reformas Estruturais (DX Reform) e da Dirección Xeral de Comunicacións, Redes, Contido e Tecnoloxía (DX CNET).

SEMANA EUROPEA DAS REXIÓNS E CIDADES

O cume converteuse nunha plataforma de comunicación e rede “única”, que agrupa rexións e cidades de toda Europa, tamén aos seus representantes políticos, funcionarios, así como expertos e académicos.

Durante os últimos 18 anos, contribuíu de maneira “importante” a promover a aprendizaxe de políticas e o intercambio de boas prácticas. En 2020, a consecuencia da pandemia, desenvolveuse a primeira ‘EURegions Week dixital‘, cun record de máis de 12.000 participantes e 510 sesións.

Unha destas sesións foi promovida pola Deputación de Lugo, que coordinou un taller de traballo xunto con tres socios europeos, no que se debateu “con gran éxito” o reto europeo do envellecemento activo post covid-19.

Nesta pasada edición, o presidente provincial, José Tomé, explicou polo miúdo a Rede de Protección Social provincial, que ten como principais alicerces o servizo de teleasistencia domiciliaria, o apoio ao servizo de axuda no fogar dos concellos e a rede de centros de atención a maiores.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...