InicioSociedadeSoben os hospitalizados por Covid na provincia de Lugo

Soben os hospitalizados por Covid na provincia de Lugo

O número dos novos contaxiados segue estabilizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia baixou nas últimas horas ata os 42 ingresados en total, catro menos. Tamén descenderon lixeiramente, a 136, os contaxios detectados en 24 horas por calquera tipo de probas, pero segue na liña dos últimos días –por encima da centena– debido principalmente aos focos vinculados ás viaxes estudantís a Mallorca. Deste xeito, os casos activos de covid-19 volveron a aumentar en Galicia, ata os 1.413, 36 máis que un día atrás.

Así se extrae dos datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a cifra global de ingresados tan só aumentou en Lugo-A Mariña-Monforte e Ourense-Verín-O Barco. Así, na primeira subiron a catro –unha máis–, aínda que na UCI segue só un paciente.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de covid-19, ascenden por terceira xornada consecutiva a 1.413 en Galicia, que implican 36 máis que o día anterior, ao rexistrarse de novo máis contaxios que altas en 24 horas. Iso si, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado.

Por áreas sanitarias, o ascenso replicouse en cinco das sete que hai en Galicia, non así a de Lugo-A Mariña-Monforte que se mantén con 191 infeccións activas.

NOVOS CONTAXIOS

Pola súa banda, os novos contaxios de covid-19 detectados con calquera tipo de proba descenderon ata os 136 tras os 154 notificados por Sanidade o venres, pero aínda supón unha cifra notoriamente superior aos inicios de semana debido aos casos asociados ao brote de Mallorca. E é que o luns a Consellería sumara tan só 56 contaxios, xunto aos 85 do martes e os 81 do mércores.

De todos os 136 novos casos, a área da Coruña-Cee acumula 35, seguida da de Pontevedra-O Salnés, con 30. Séguenlles Lugo-A Mariña-Monforte con 19 infeccións novas, Vigo con 18, Santiago-Barbanza con 17, Ourense-Verín-O Barco con 15 e Ferrol con só dous.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...