InicioSociedadeVixésimo aniversario do 'Arde Lucus' marcado polo gran protagonismo da seguridade e...

Vixésimo aniversario do ‘Arde Lucus’ marcado polo gran protagonismo da seguridade e a prudencia

A festa estenderase ata o domingo, concentrándose o groso de actividades dentro de murallas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ‘Arde Lucus’, a festa de recreación do pasado romano e castrexo da cidade, arrinca na súa XX aniversario marcado pola pandemia e no que a “seguridade e a cautela” coparán gran parte do protagonismo.

De feito, parte das actividades programadas poderanse seguir “a través de streaming”, como a tradicional entrada as tropas romanas na cidade.

En suma, serán trintena de iniciativas organizadas na rúa, 19 as asociacións de recreación histórica e 17 os campamentos, entre castrexos e romanos, que xa alagan as vías de Lugo, sobre todo no centro.

A festa estenderase ata o domingo, concentrándose o groso de actividades dentro de murallas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, non esconde que neste vinte aniversario gustoulle ” celebralo desde outra perspectiva”, pero insistiu en que o momento é “complicado, difícil” e “a precaución e a seguridade ten que estar por encima de todo”.

Para este ano combínanse actividades a través das redes, “como se fixo maioritariamente o ano pasado”, con outras programadas e con todas as medidas de seguridade. “Sempre haberá un control de aforamento, onde haberá itinerarios de entrada e saída para garantir a seguridade”, subliñou.

Méndez concreta que “son case 30 actividades na rúa”, resaltando, que “estarán controladas, con citas previas ou con solicitude de entrada para asegurar os aforamentos”.

En canto ao “volume de negocio”, recoñeceu que “é complicado” de calcular pola pandemia e mesmo por como se vai a comportar “a climatoloxía, si vai axudar ou non porque é tamén un factor crave”.

A pesar de todo, a alcaldesa de Lugo presume dun “ambicioso programa”, confiando que o próximo ano xa se volva ao que foi esta festa nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...

A 173 km/hora onde só se permite 80: un condutor é investigado en Lugo por exceso de velocidade

A Garda Civil investiga ao condutor dunha moto, de 45 anos de idade, por...

Morre un motorista tras chocar contra o peche dunha leira en Castro de Rei

Un motorista de 66 anos, JMCF, faleceu este mércores ao sufrir unha saída de...

Lugo medirá o ruído ambiente en tempo real durante o San Froilán

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a adquisición dun...