InicioSociedadeAumentan os casos e os pacientes Covid na provincia de Lugo

Aumentan os casos e os pacientes Covid na provincia de Lugo

Hai once contaxiados máis e un paciente máis.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 repuntaron a 85 en Galicia tras pasar o ecuador desta semana na que se manteñen por baixo do centenar, mentres que a presión hospitalaria volve aliviarse ao caer a 66 os pacientes ingresados por este coronavirus –cinco menos–. Pola súa banda, os casos activos seguen en descenso e sitúanse en 1.613.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, na área de Lugo mantéñense dous en críticos e ascenden a cinco os doutras unidades –un máis–.

CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 manteñen a tendencia descendente por décimo novena xornada consecutiva e caen a 1.613 en toda Galicia, 66 menos que o día anterior ao haber máis altas (151) que contaxios (85). Por áreas sanitarias, mantéñense os mesmos casos que o mércores na provincia de Lugo que ten 208 casos activos.

MÁIS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados por calquera tipo de proba en Galicia repuntaron a 85 –supoñen 14 máis que a xornada anterior–, tras iniciarse esta semana con 54, aumentar a 82 o martes e reducirse a 71 este mércores. No conxunto da Comunidade galega foron confirmados 85 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nas últimas 24 horas, segundo os datos actualizados por Sanidade, que supoñen 11 máis na área de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...