Unha condutora implicada nun accidente de circulación no centro urbano da cidade de Lugo presentou unha taxa de alcol case seis veces superior á permitida legalmente, segundo informou a Policía Local. O accidente, un choque entre dous vehículos, produciuse este luns nun tramo da rúa Rof Carballo.
A condutora dun dos coches presentaba síntomas claros de embriaguez, de modo que foi sometida á correspondente proba de alcoholemia, na que deu unha taxa de 1,36 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case seis veces máis do permitido pola lei. Por iso, foi sometida a unha investigación por supostamente infrinxir a lexislación sobre seguridade viaria mediante unha instrución para a modalidade de xuízo rápido.