InicioSociedadeLugo, un exemplo en tráfico urbano para o conxunto do Estado

Lugo, un exemplo en tráfico urbano para o conxunto do Estado

“En Lugo tíñamos os deberes feitos, a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h”, destaca Rubén Arroxo tras a nova norma da DGT.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico ordenou que as rúas cun único carril en espazo urbano estean limitadas a 30 km/h. Esta modificación, que afecta a todas as cidades, xa estaba implantada en Lugo. “Aquí tíñamos os deberes feitos e a gran parte das rúas xa estaban a 30 km/h”, destacou este luns o tenente-alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo.

Unicamente as rúas urbanas de dous carrís que teñen indicada, mediante sinalización, outra velocidade permanecen á velocidade sinalizada. Por defecto, a partir do 11 de maio, as rúas urbanas terán unha velocidade máxima permitida de 30 km/hora.

As rúas de todos os entornos escolares e pasos de peóns que posúen un único carril xa están limitadas a 30 km/h e está sinalizado para evitar confusións. Dúas das principais vías da cidade con dobre carril, a ronda da Muralla e Ramón Ferreiro, xa estaba sinalizadas e a súa velocidade máxima permitida era de 30 km/h. Tamén avía de Angelo Colocci, con dobre carril ten como límite o de 30 km/ hora. Á av. de Madrid, con dobre carril, ten o límite en 40 km/ hora e xa está señalizada ademais ten zonas con numerosas rotondas.

Rubén Arroxo dá conta das limitacións de tráfico a 30Km/ hora tras as novas normas da DGT / Concello de Lugo

Quedan a 50 km/hora, por que están así sinalizadas, son de dobre carril nas dúas direccións e teñen amplitude e lonxitude suficiente as rúas ronda de Fingoi, república Arxentina, Av. de Magoi (solo nas zonas de doble carril, hai zonas de carril único que son a 30 km/h), av. Afonso X e Infanta Elena. Tamén manteñen a súa velocidade orinxinal a nova Ponte Branca e gran parte do novo polígono de Fingoi. Outros viais que se manteñén son os polígonos das Gándaras e Ceao nas zonas sinalizadas a 50 km/hora de dobre carril.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...