InicioSociedadeLugo queda sen nenos, pero menos que a media galega

Lugo queda sen nenos, pero menos que a media galega

Galicia rexistra un total de 3.422 nacementos no primeiro trimestre de 2021, o que supón 410 menos (-10,7%), unha porcentaxe superior á media estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistra un total de 3.422 nacementos no primeiro trimestre de 2021, o que supón 410 menos (-10,7%) que no mesmo período de 2020, mentres que na provincia de Lugo a caída é levemente menor, un -9,28%.

Así figura nunha estimación experimental de nacementos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) co fin de coñecer os ocorridos desde xullo de 2020 (os datos do primeiro semestre xa se atopan publicados con carácter provisional).

O INE aborda este proxecto con datos actualizados recibidos cada mes desde os rexistros civís combinados con información histórica da Estatística de Nacementos. O obxectivo é estimar os nacementos ocorridos durante a pandemia da covid-19.

A nivel estatal, estímase que houbo 77.794 nacementos no primeiro trimestre de 2021, o que representa unha caída do 8,75%, dous puntos menos que o caso galego. Se a comparativa se fai cos primeiros tres meses de 2019, tamén hai unha caída de alumeamentos en Galicia (-11,5), algo superior á media española (-11,1%).

Entre as catro provincias galegas, a da Coruña sofre o maior retroceso (-11,8%), con 1.461 nacementos no primeiro trimestre. Séguelle Pontevedra, con 1.251 (-10,5%). Lugo suma 377 alumeamentos no tres primeiros meses de 2021 (-9,28%), mentres que en Ourense houbo 333 (-7,9%).

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...