InicioSociedadeFeijóo no X aniversario do HULA: "é un dos mellores hospitais de...

Feijóo no X aniversario do HULA: “é un dos mellores hospitais de España”

Di que Galicia aspira a vacinar ao 70% do grupo de 66-69 anos este fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) prevé chamar entre o xoves e o sábado a un total de 90.000 persoas de entre 66 e 69 anos, o 70 por cento dos galegos que teñen esta idade.

Feijóo pronunciouse deste xeito durante o acto de celebración do décimo aniversario do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), no que destacou que a Xunta prevé vacinar esta semana a un total de 245.000 persoas, algunhas delas con dobre dose para finalizar a inmunización e outras coa primeira.

Dez anos despois da súa inauguración, Alberto Núñez Feijóo visitou o Hospital Universitario Lucus Agusti (HULA) para celebrar o décimo aniversario de “un dos mellores hospitais de España”, nun acto no que estivo acompañado polos conselleiros de Sanidade que formaron parte do seu goberno desde 2009.

Ao evento tamén acudiu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, José Tomé, que non se quixeron perder as celebracións deste aniversario ao que tamén foron convidados nenos e pais asistidos xa no novo hospital desde 2011. Na súa intervención, Feijóo erixiu ao HULA “nun dos mellores hospitais de España”, un centro “innovador, moderno, equipado e humanizado”.

No seu discurso, con referencias aos 40 anos de Estatuto de Autonomía, referiuse a a pandemia e destacou que Galicia ten menor mortalidade que o conxunto de comunidades autónomas de España. “A mortalidade por cada 100.000 habitantes en Galicia está na metade da media de España, indicou.

“Sen dúbida, sen as capacidades instaladas, sen os perfís do persoal sanitario isto non sería posible, entre outras cousas porque o 25 por cento da nosa poboación é maior de 65 anos”, sinalou Feijóo, que dixo que, en España o 19 por cento da poboación é maior de 65 anos” polo que Galicia ten “seis puntos máis de envellecemento”.

“BO FACER DO PERSOAL

Previamente, a alcaldesa, Lara Méndez, puxo o foco en “a situación complexa” do último ano “onde se viu o bo facer do persoal” do Hula. Por este “importante esforzo”, Méndez traslladoulles unhas “grazas infinitas” pola “gran profesionalidade” de sanitarios e non sanitarios do Hospital de Lugo.

No acto, o presidente galego confirmou que este mesmo mércores será vacinado, con “a astrazeneca”, a partir das 19.45 horas na Cidade da Cultura en Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de prisión para un home que agrediu cun vaso a dúas persoas no exterior dun pub de Lugo

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes, día 7, a un home...

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...