Home Ancares Accidentado o helicóptero que participaba na busca do desaparecido de Navia

Accidentado o helicóptero que participaba na busca do desaparecido de Navia

0
Accidentado o helicóptero que participaba na busca do desaparecido de Navia
Helicóptero EC-135 da Garda Civil | Andrew Thomas

Un helicóptero da Garda Civil que participa na procura do home de 53 anos de idade que desapareceu da súa casa no lugar de Ventosa, en Navia de Suarna, tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia tras sufrir un incidente. Con todo, non se lamentaron danos persoais.

Segundo informou a Deputación de Lugo, este suceso motivará que a estrada LU-P-3502, que une as parroquias de Muñis e Rao, en Navia de Suarna, permaneza cortada ata que se poida retirar o helicóptero, que quedou situado á altura do quilómetro 5,2.

A institución provincial detallou que será na xornada do martes, tras a retirada do vehículo, cando se reabra a circulación desta vía.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here