InicioSociedadeSeis dos quince pacientes ingresados en Lugo con Covid son atendidos no...

Seis dos quince pacientes ingresados en Lugo con Covid son atendidos no Hospital de Monforte

Os casos activos aumentan ata os 219 (+4), con 18 novos positivos nas últimas 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Continúa o incremento de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo, que xa rexistra 219 pacientes con infección (+4 respecto da xornada anterior). É unha suba menos pronunciada ca a experimentada no día de onte, pero vén acompañada de 18 novos positivos detectados nas últimas 24 horas a través de PCR.

Non aumenta o número total de doentes ingresados (15). Catro seguen na Uci do Hula. Os outros once distribúense do seguinte xeito nas unidades de hospitalización: catro no Hula, un no Hospital da Mariña e seis no de Monforte. Este último centro hospitalario encadea xa tres días consecutivos con novos pacientes.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 213 persoas diagnosticadas coa Covid, curáronse 11.991 e realizáronse 223.812 probas PCR.

GALICIA

No ámbito autonómico, os novos contaxios detectados aumentan a 230 e os pacientes hospitalizados debido a este coronavirus subiron a 211 (+4). Mentres, os casos activos manteñen a tendencia ascendente por terceira xornada consecutiva. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...