InicioSociedadeO HULA celebra o seu décimo aniversario como unha "marca consolidada"

O HULA celebra o seu décimo aniversario como unha “marca consolidada”

O xerente da área sanitaria lembra o "fito" que supuxo o traslado dos pacientes dende o vello Hospital Xeral, que logo serviu de "modelo" para toda Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) está a celebrar o décimo aniversario da súa apertura cunha serie de actos que lembran o “fito” que supuxo para a sanidade pública de Lugo o “complexo” e “modélico” traslado de todos os servizos asistenciais desde o vello Hospital Xeral.

Esta celebración chega nun momento no que, segundo a opinión do xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, “a marca Hula xa está consolidada” e asóciase “cunha determinada maneira de facer as cousas” no ámbito da sanidade pública, que se caracteriza por “tentar mellorar cada día”.

En declaracións a EFE, Ares lembrou que o traslado desde o vello Hospital Xeral, que quedou completado a finais de xaneiro, foi “complexo”, pero tamén “modélico”, porque logo “serviu como exemplo” para outros procesos similares “tanto dentro como fóra de Galicia”.

INFRAESTRUTURAS

A primeira mellora coa que se atoparon os cidadáns e os profesionais sanitarios foi “a propia estrutura, un edificio” cunhas “dimensións tan importantes” que permitía “concentrar toda a actividade sanitaria” nunhas únicas instalacións e que “non tiñan nada que ver co que había antes”.

“Pero se é importante a estrutura, moito máis importante é como se traballa, saber aproveitala para mellorar a asistencia sanitaria”, algo que se fixo, en opinión de Ramón Ares, porque nesta última década o HULA completou “a carteira de servizos”, de modo que “se pode prestar case toda a asistencia sanitaria” que necesitan os pacientes “sen necesidade de desprazarse fóra de Lugo”.

Ares precisou que “os servizos que xa existían modificaron os procesos asistenciais para seguir crecendo e mellorando a súa calidade”, pero ao mesmo tempo puxéronse en marcha outros que non existían, como Hemodinámica, Radioterapia ou Medicina Nuclear.  De feito, lembrou que o HULA foi “o primeiro hospital público de Galicia” en dispoñer dunha “unidade de rehabilitación cardíaca”.

EQUIPO PROFESIONAL

“A marca HULA está consolidada”, engadiu Ares, quen lembrou que no hospital público de Lugo traballan actualmente unhas 3.500 persoas. Ese persoal ocúpase da atención ás “máis de 3.000 persoas que veñen cada día a consultas ou a realizarse probas diagnósticas”, sen esquecer que o centro conta con “700 camas” de hospitalización e chega a realizar unhas “oitenta intervencións cirúrxicas ao día”.

Ares quixo destacar tamén o traballo de todos os profesionais que traballan no HULA e no sistema público de saúde para facerlle fronte a un reto como o que supón esta pandemia, que evidencia necesarios “todos os recursos”.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide por carta ao Ministerio de Transportes que inclúa á cidade nas melloras ferroviarias

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, pedirá por carta ao Ministerio de Transportes que...

O Concello de Lugo estuda unir os parques Rosalía de Castro e Marcos Cela cunha pasarela peonil

 Concello de Lugo proxecta a unión dos parques Rosalía de Castro e Marcos Cela...

O patrocinio dun clube de alterne no cartel dunhas festas volve xerar polémica en Outeiro de Rei

Un ano máis xurdiu a polémica en Outeiro de Rei pola publicidade que se...

Un incendio nunhas instalacións agrarias mobiliza os servizos de emerxencias en Friol

Os servizos de emerxencias traballan a esta hora na extinción dun incendio nas instalacións...