InicioSociedadeOs casos activos aumentan en Lugo, pero a menor ritmo ca nas...

Os casos activos aumentan en Lugo, pero a menor ritmo ca nas ondas anteriores

O Sergas informa dun incremento das hospitalizacións, ao pasar de 11 a 13.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este xoves 22 de abril un total de 211 casos activos de coronavirus, catro máis ca na xornada anterior. Nas últimas 24 horas confirmáronse 7 novos positivos a través de PCR.

Aumentan, iso si, as hospitalizacións, que pasan de 11 a 13. Hai 9 persoas en planta (4 no Hula, 3 na Mariña, 2 en Monforte) e 4 na Uci do Hula.

Dende o inicio da pandemia faleceron 212 persoas diagnosticadas de Covid en Lugo, curáronse 11.892 e realizáronse 218.996 PCR.

GALICIA

En Galicia continúa tamén a suba de pacientes con infección activa (2.875) así como o número de doentes ingresados (204). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...

O PP pide un plan urxente de melloras no polígono industrial do Ceao-As Gándaras

Os populares denuncian que existen problemas graves de conservación e abandono nesta área industrial,...