InicioSucesosUn garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

O axente tivo que intervir tras un altercado no que o individuo ameazou cunha navalla aos presentes e aos efectivos de seguridade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo, logrou reducir a un individuo que portaba unha arma branca e causaba un altercado nun establecemento hostaleiro da capital lucense. Segundo informou a Garda Civil, os feitos tiveron lugar o pasado martes cando o axente, mentres estaba no interior do local, presenciou como un home duns 50 anos, con síntomas de embriaguez e ferido na cabeza, increpaba a unha camareira.

Despois de que os traballadores conseguisen sacalo do establecemento, o individuo mantivo unha actitude agresiva, proferindo berros e lanzando obxectos contra os presentes. Tras ser advertido para que cesase na súa conduta, o home intentou causar danos na terraza co mobiliario do local. Ante a escalada de tensión, o garda civil identificouse como axente da autoridade e instouno a deponer a súa actitude. Nese intre, o suxeito sacou unha navalla e dirixiuse cara ao axente de forma intimidatoria.

Durante o forcexo para desarmalo, o agresor caeu ao chan e, ao intentar recuperar a navalla agarrándoa polo fío, provocouse un corte nunha man. Finalmente, o axente conseguiu arrebatarlle a arma branca e mantelo reducido na beirarrúa ata a chegada dunha patrulla da Policía Nacional, que se fixo cargo da intervención e da detención do suxeito.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...