InicioCulturaA Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e produción dos videoclips finalistas ao XXIV Premios Mestre Mateo nunha proxección coloquio que se celebrará o xoves -12 de marzo, ás 20.15 horas- no Pazo de San Marcos en Lugo.

O acto contará coa participación de Fran Fórneas e Sergio Marey, responsable do deseño de vestiario, do videoclip de “Ferido” de O Xoán; de Sara Faro e María Pérez, Fillas de Cassandra, nomeadas polo videoclip de “Hibernarse”; de Sabela Ramil e Paula Pereira, directora do videoclip “Non cho podo dar” e de Nuno García Pico e Xaime Miranda, director do videoclip de “Ontes fun moi malo” de Grande Amore. Conducirá e moderará o coloquio Laura Lamontagne, que tamén actuará durante o acto.

A actividade amplía a programación organizada nas últimas semanas pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo arredor da celebración en Lugo da XXIV Premios Mestre Mateo, que se entregarán por primeira vez en Lugo o vindeiro 21 de marzo.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “entendemos o apoio á celebración dos Mestre Mateo en Lugo como unha oportunidade para visibilizar o traballo dos e das profesionais das comarcas de Lugo no eido audiovisual e proxectalas como referentes próximos para as persoas que se están formando ou iniciando agora nel. A maioria dos videoclips finalistas nesta edición son proxectos visiblemente ligados as comarcas de Lugo tanto polos artistas e equipos audiovisuais e as localizacións polo que reflicten ben o potencial que hai en todo o territorio e lanzan unha mensaxe moi potente sobre a necesidade de atender e apoiar a creación artística é cultural que se fai fóra dos circuítos convencionais

A entrada ao acto é gratuíta e libre ate completar a capacidade do Salon de Actos do Pazo de San Marcos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...