InicioSociedadeDenuncian ter que esperar ata nove días por unha consulta telefónica no...

Denuncian ter que esperar ata nove días por unha consulta telefónica no centro médico do Cádavo

Os socialistas de Baleira consideran que, cunha incidencia da pandemia tan baixa, "non se xustifica" que non se atenda os usuarios presencialmente

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo socialista no concello de Baleira avanzou hoxe que defenderá unha moción no vindeiro pleno para que o goberno local tome medidas ante a Xunta “para reforzar de xeito urxente a asistencia sanitaria no centro de saúde do Cádavo“. Nestes intres, aseguran, “existe unha lista de agarda para conseguir unha cita telefónica co médico de ata 9 días”.

A voceira do PSdeG en Baleira, Laura Burgué, pediulle ao alcalde que se posicione en contra dos “recortes sanitarios” e que non lle “dea as costas á veciñanza nun momento tan complicado”. Cunha incidencia da pandemia baixísima, sen novos casos nos últimos 14 días, “non se xustifica que non se poida atender os usuarios con todas as garantías no centro de saúde”.

Así, reivindican un reforzo da atención primaria, máis aínda tendo en conta a “poboación altamente envellecida” deste municipio. “É inadmisible que unha veciña ou veciño de Baleira teña que esperar ata 9 dias para conseguir unha consulta telefónica co seu médico”, replicou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...