InicioSociedadeRábade pasa ao nivel alto de restricións dende o venres

Rábade pasa ao nivel alto de restricións dende o venres

Tamén entra neste nivel A Pobra do Brollón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rábade e A Pobra do Brollón son os dous concellos lucenses que entran no nivel alto de restricións a partir deste venres. Acompañarán así ao Saviñao, mentres que Pantón e Sober ven diminuído o nivel de alerta e terán restricións de nivel baixo.

Así o decidiu o comité clínico que asesora a Xunta de Galicia na xestión da pandemia e que hoxe se reuniu para actualizar as medidas. Así pois, Rábade, Brollón e O Saviñao deberán acatar as regras impostas para os concellos cunha incidencia acumulada a 14 días entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Estes municipios teñen permitida a mobilidade agás cos concellos pechados perimetralmente (só Beade, en Ourense). As reunións de non conviventes serán dun máximo de 6 persoas en exterior e de 4 no interior. Nos domicilios, as xuntanzas seguen limitadas a conviventes. En canto á hostalaría, só se poderá servir en terraza ata as 21:00 horas cunha capacidade máxima do 50%. 

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...