InicioSociedadeSete casos de coronavirus en Rábade no marco dun gromo "controlado"

Sete casos de coronavirus en Rábade no marco dun gromo “controlado”

A incidencia a 14 días dispárase por riba dos 400 casos por cada 100.000 habitantes, pero o alcalde confía en que "non vai ir a maiores" porque o cribado efectuado resultou satisfactorio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Rábade, Kiko Fernández Montes, confirmou que no municipio acumulan sete casos de Covid-19 dun gromo controlado, o que dispara a incidencia a 15 días por encima de 400 por cada 100.000 habitantes nun concello onde residen 1.600 veciños.

Fernández Montes precisou que no concello xa estiveron “nesta situación”, á vez que sinalou que se trata dun “gromo localizado nunha contorna familiar ampla“.

O alcalde puntualizou que tivo a primeira noticia “o xoves pola noite” e xa o domingo o Sergas comunicoulle a intención de facer un cribado na zona onde se orixinou o gromo: un bloque de tres edificios.

“Eu expúxenlles a posibilidade de amplialo (o cribado) e facelo a uns edificios adxacentes porque é unha zona na que hai moito contacto entre eles. Alí vive moita xente, é unha das zonas máis poboadas da vila e alí foi onde houbo un maior número de afectados”, subliñou.

Kiko Fernández Montes corroborou que o “domingo comezou a facerse o cribado que se resolveu con resultados satisfactorios e demostra que o gromo está controlado”. “As persoas contaxiadas son conscientes da situación e son persoas que non van causar ningún tipo de risco extraordinario. Temos que soportar as limitacións pero cremos que a cousa non vai ir a maiores”, concluíu o alcalde de Rábade.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...