InicioSociedadeLugo asómase á Semana Santa cun descenso de casos activos e ingresos

Lugo asómase á Semana Santa cun descenso de casos activos e ingresos

Once persoas permanecen hospitalizadas: tres na Uci e oito en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O último balance de datos do Sergas amosa que a provincia de Lugo reverte a lixeira repunta de casos activos rexistrada no día de onte, pois neste venres 26 de marzo notifícase unha nova baixada de pacientes con infección activa (177, oito menos). Así mesmo, o número de novos positivos de coronavirus confirmados mediante PCR na última xornada foi de 4.

Sanidade informa tamén dun descenso no número de hospitalizacións na área lucense, que pasa das 13 de onte ás 11 de hoxe. Así e todo, hai un paciente máis na Uci (3). Os outros 8 están a ser atendidos en planta (5 no Hula, 1 na Mariña e 2 en Monforte).

Dende o inicio da pandemia, o Sergas reconta 211 vítimas mortais do coronavirus, 11.591 persoas curadas e 202.984 probas PCR efectuadas.

GALICIA

Á súa vez, a comunidade galega afronta o inicio da Semana Santa cun lixeiro descenso dos pacientes Covid hospitalizados, que se sitúan en 214, así como dos casos activos, que caen a 2.403. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...