InicioSociedadeO cuarto xulgado do Social de Lugo estará "plenamente operativo" en abril

O cuarto xulgado do Social de Lugo estará “plenamente operativo” en abril

Haberá oito funcionarios, ademais do letrado da Administración de Xustiza e do propio xuíz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, confirmou este luns que o cuarto Xulgado do Social en Lugo, que comeza a funcionar a finais deste mes, estará “plenamente operativo” en abril.

“A finais deste mes entra en funcionamento o cuarto Xulgado do Social en Lugo, do mesmo xeito que outros dous xulgados do Social en Vigo e na Coruña. Creo que aquí se cumpre unha aspiración moi necesaria e longamente demandada”, dixo Rueda.

O vicepresidente da Xunta fixo estas declaracións antes da visita á sede do novo Xulgado do Social en Lugo, en compañía do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde.

“Tiña que estar en funcionamento o ano pasado. Recordo que tanto o TSXG como a Xunta de Galicia, na comisión mixta, pedimos que este Xulgado entrase en funcionamento. Inexplicablemente, naquel momento, o Ministerio de Xustiza dixo que non. Alégrome da rectificación”, engadiu o vicepresidente.

Rueda precisou que comezará a funcionar con oito funcionarios, ademais do letrado da Administración de Xustiza e do propio xuíz.

Para facerlle sitio á nova unidade xudicial houbo que trasladar o Xulgado de Menores, o que obrigou a realizar unha reordenación de espazos na sede xudicial de Lugo.

O goberno galego destinou máis de 32.000 euros á dotación de mobiliario e de equipamento informático, ademais de investir 850.000 euros na posta en marcha deste xulgado, xunto co número 7 do Social de Vigo e o número 7 da Coruña.

ÚLTIMAS

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...

Santa Bárbara, a virxe que tamén protexe contra Altri e os “poderes económicos e políticos”

O Cura de Xestoso oficiou este domingo unha misa na Capela de Santa Bárbara,...

O Concello de Lugo tallará dous tilos da Avenida Ramón Ferreiro polo “elevado risco de caída” tras un informe técnico

O Concello de Lugo anunciou que procederá á tala de dous tilos na Avenida...

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...