InicioSucesosTraxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante...

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Un camión guindastre impactou contra unha furgoneta de conservación de estradas e arroiou aos traballadores no quilómetro 587 da autovía, provocando importantes retencións en sentido Asturias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado no quilómetro 587 da A-8, ao seu paso por Pígara, en Guitiriz, dirección Asturias. Outro homes resultaría ferido leve, segundo a información máis recente da que dispón o 112.

Fontes desprazadas ao momento, consultadas por Europa Press, explicaron que o grave accidente produciuse ao chocar un camión guindastre, que levaba vehículos, contra a furgoneta de conservación de estradas na que había operarios, que estaban a realizar unha obra na vía. A causa do choque, os operarios resultaron atropelados. O 112 informou de que o sinistro se produciu sobre as 14.00 horas. Un deles faleceu no propio lugar do accidente e outro pouco despois ao chegar ao HULA, ao que tamén foron evacuados os dous feridos graves.O condutor do guindastre tamén requiriu asistencia sanitaria.

UN CARRIL CORTADO RETARDA O TRÁFICO

O accidente, así mesmo, afectou ao tráfico, xa que este quedou cortado no carril da A-8 sentido Asturias, de forma que se circula con lentitude polo outro. Foron mobilizados para acudir ao momento efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Guitiriz. Tamén se chegou a avisar aos bombeiros de Vilalba, aínda que, segundo o 112, finalmente non chegaron a intervir.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta di que a residencia de Castro Ribeiras de Lea terá médico substito “nos próximos días”

O médico substituto da residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea, situada en...

O Concello de Lugo pecha os parques da cidade ante a alerta amarela por fortes ventos

O Concello de Lugo informou de que procedeu a pechar os parques da cidade...

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo sanitario tras detectarse...