InicioPolíticaFendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama á estabilidade

Elena Candia vincula o voto de María Reigosa a favor dos populares ao “desprezo” do alcalde Miguel Fernández, mentres o líder do PSdeG evita escenarios de bloqueo, descarta especular sobre unha moción de censura e asegura que se traballa para manter a estabilidade institucional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que deixou o PSOE, María Reigosa, a favor dunha das iniciativas o PP á “falta de empatía” do alcalde, Miguel Fernández, cos seus concelleiros. Candia fixo este venres unha valoración do pleno do xoves, no que os populares conseguiron sacar adiante tres do catro propostas, unha pola abstención do PSOE, outra por conseguir o respaldo do BNG e unha terceira porque votou ao seu favor a concelleira María Reigosa, que abandonou a pasada semana as siglas o PSOE.

A portavoz do PP local engadiu que isto reflicte que o Goberno local “está sen rumbo” e acusou ao alcalde de desprezar aos concelleiros “cunha total falta de empatía e máis preto da ditadura que da democracia” e sostivo que a praxe que segue contra o PP “débea manter con outros concelleiros”. Así as cousas, instou ao alcalde a pensar que “algo non está a facer ben”. “É importante chegar a acordos e ter un diálogo fluído tendendo pontes coa oposición e co seu propio equipo” para que haxa sintonía no Goberno, afirmou. “Falta liderado e xestión, van a golpe de improvisacións, non se están tomando isto en serio”, criticou Elena Candia, que considerou que o voto discrepante de María Reigosa é un exemplo diso.

BESTEIRO

Besteiro tamén se pronunciou sobre a situación política no Concello de Lugo, tras o apoio da edil María Reigosa —que solicitou recentemente a baixa no PSOE— a unha iniciativa do Partido Popular no último pleno. O secretario xeral do PSdeG asegurou que a súa formación está a traballar para que a corporación lucense manteña a estabilidade institucional, evitando escenarios de bloqueo político.

Interpelado sobre a posibilidade de que Reigosa poida apoiar unha eventual moción de censura promovida polo PP, Besteiro evitou facer valoracións anticipadas e rexeitou “especular” sobre movementos futuros. Segundo indicou, a propia concelleira trasladou a súa intención de votar favorablemente os orzamentos municipais, polo que, a día de hoxe, non existe información que apunte a un cambio inmediato no equilibrio do goberno local.

Neste contexto, Besteiro incidiu en que cada representante público é responsable das súas decisións e lembrou que nos grupos municipais é habitual a presenza de edís independentes, sen que iso implique necesariamente unha ruptura da acción de goberno. O líder socialista puxo o foco na necesidade de manter un executivo local centrado na xestión e nos problemas da veciñanza.

Por outra banda, preguntado pola situación en Monforte de Lemos, onde os concelleiros socialistas continúan apoiando ao alcalde José Tomé tras a súa saída do PSOE, Besteiro apelou á prudencia. Segundo explicou, o expediente aberto pola dirección federal do partido continúa en tramitación e será a súa resolución a que determine se existen consecuencias políticas adicionais.

O secretario xeral do PSdeG considerou que o “lóxico e responsable” é agardar ao peche do expediente antes de valorar posibles efectos sobre o resto dos edís socialistas do municipio. Nesa liña, sinalou que calquera decisión deberá adoptarse unha vez aclarada a situación, evitando anticipar escenarios ou estender responsabilidades máis alá da persoa directamente afectada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

As seleccións de Galicia e Catalunya celebrarán dous partidos amigables en Lugo esta fin de semana

O salón de plenos do Concello de Lugo acolleu esta mañá a presentación oficial...