InicioSucesosDetido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

A Policía Nacional arresta ao dono dunha empresa tras a denuncia dun traballador estranxeiro que foi empregado sen contrato, sen alta na Seguridade Social, con xornadas maratonianas e en condicións extremas de precariedade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes como presunto autor dun delito contra os dereitos dos traballadores. A investigación iniciouse tras a denuncia dun cidadán estranxeiro, que explicou que fora traído a España coa promesa dun traballo legal. O empresario aseguráralle que el mesmo tramitaría a regularización da súa situación administrativa.

Unha vez en Lugo, o empregado comezou a traballar sen contrato, sen estar dado de alta na Seguridade Social e sen ter a formación axeitada para o posto que desempeñaba. As tarefas, explicou a Policía, “eran de gran dureza física”, e con xornadas que se alongaban desde primeira hora da mañá ata última hora da tarde, de luns a venres.

A vítima denunciou as condicións inaxeitadas nas que traballaba, con excesivo po, sen proteccións e sen as ferramentas ou medios axeitados para desempeñar o seu labor, e cobrando un salario moi por baixo do pactado, chegando a producirlle unha “situación de precariedade a nivel persoal e laboral”. As pescudas permitiron identificar e deter ao empresario, dono dunha firma de transportes, que foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...