InicioSociedadeLugo rexistra oito solicitudes de adopcións internacionais

Lugo rexistra oito solicitudes de adopcións internacionais

A provincia non tivo ningunha das 21 preasignacións de menores do 2020.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A pandemia do coronavirus e os dous estados de alarma non fixeron variar a cifra total de adopcións internacionais rexistradas en Galicia en todo o ano 2020, que se situaron en 21, mesma cifra do 2019.

Segundo explica a Xunta, isto débese a que os procesos de información, valoración e integracións efectivas en liñas xerais “mantivéronse durante o último ano atendendo sempre aos protocolos sanitarios“.

Das 21 preasignacións de menores de todo o 2020, a provincia da Coruña acumulou 14. Seguíronlle Pontevedra, con cinco, e Ourense, con dous. Na provincia de Lugo non se produciu ningunha. Os países de orixe das nenas e nenos foron Bulgaria, China, Colombia, Filipinas, Hungría e Vietnam.

En canto á cifra de solicitudes, si se viu reducida ao pasar de 47 en 2019 a 31 durante todo o 2020. A provincia na que se rexistrou un maior número volveu ser A Coruña, con 16; seguida de Pontevedra, con oito; Lugo, con cinco; e dous na provincia de Ourense.

O que si se viu interrompido polo primeiro estado de alarma foi o proceso polo que atravesan as familias antes da adopción –unha sesión informativa e tres formativas–, aínda que durante o segundo semestre do ano retomouse “con normalidade e atendendo ao protocolo de actuación”, subliña a Xunta.

O mesmo ocorreu coas valoracións de idoneidade que se realizan mediante encontros presenciais cos técnicos de adopción. Pola súa banda, as integracións efectivas dos menores nas familias víronse condicionadas pola situación concreta da pandemia en cada país de orixe e a súa normativa.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia, alcaldesa de Lugo: o PP volve despois de vinte e sete anos cunha moción de censura polémica

A ata agora portavoz local do PP, tamén líder do partido na provincia, Elena...

Eliminar carril bici, máis aparcadoiros e “un San Froilán para todos”, entre as prioridades de Candia

A nova alcaldesa de Lugo, Elena Candia, presentou nos primeiros minutos de mandato un...

Elena Candia, da alcaldía de Mondoñedo á de Lugo pasando pola Deputación

De rexer unha capital de provincia (do antigo Reino de Galicia, iso si) a...

Ferraz acusa ao PP de usar a una “tránsfuga” para hacerse con la alcaldía de Lugo

A dirección federal do PSOE reprochou ao líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo,...