InicioSociedadeA presenza de 'gorrillas' no Hula, "un problema crónico" contra o que...

A presenza de ‘gorrillas’ no Hula, “un problema crónico” contra o que piden “máis presenza policial”

A Federación Veciñal de Lugo reclama que se poidan interpoñer denuncias ante os propios axentes que patrullan a contorna, sen ter que ir á comisaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, volveu pedir este luns “máis presenza policial” na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para combater a actuación dos ‘gorrillas’.

Reclaman “presenza policial todos os días”, así como “unha normativa” contra unha práctica ilegal nunha zona á que acuden “entre catro e cinco mil persoas diariamente” por estar nas inmediacións do hospital.

“Cando os deteñen é unha detención máis, decláranse insolventes e a reemprender a actividade”, censurou Vázquez. “É precisa esa presenza policial e unha normativa que atalle o problema. Detrás de cada un deles (os ‘gorrillas’) hai unha problemática social, pero iso non se resolve deixando que coaccionen ou metan medo a tantos cidadáns que van a unha consulta médica, a unha proba ou a ver un familiar”, reivindicou.

O presidente do movemento veciñal animou a xente a denunciar e demandou maiores facilidades para tales xestións. “Cando te atopas cun raiazo no coche iso significa que podes perder media mañá ou media tarde en comisaría para tramitar esas denuncias, polo que non estaría de máis que esas denuncias se poidan realizar no HULA ante a policía que debería de estar a controlar diariamente a esas persoas”, reivindicou.

“A actual situación non pode continuar. Estamos ante un problema crónico, que se volve tamén recorrente. Hai que ter máis policías aí”, concluíu Jesús Vázquez.

ÚLTIMAS

TSXG declara nulo o ‘catastrazo’ de Sarria tras unha demanda colectiva

A Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou...

Detido un home por presuntas ameazas de morte contra a súa muller

A Policía Local de Lugo detivo por violencia de xénero a un home no...

A Deputación investirá máis de medio millón de euros en vías de Castroverde

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas investimentos por...