InicioSociedadeRubén Arroxo estrea TikTok

Rubén Arroxo estrea TikTok

“Trátase dunha rede social que conta cun gran número de usuarios e usuarias en Lugo, especialmente entre a mocidade”, di o tenente alcalde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Rubén Arroxo vén de estrear o seu perfil oficial na rede social TikTok. O Tenente de Alcalde explicou que “esta rede social conta cun gran número de usuarias e usuarios en Lugo, especialmente entre a mocidade, público ao que faremos chegar as distintas propostas das promovidas polas concellerías de Cultura, Mobilidade, Participación, Educación e Infraestruturas”. Por iso, dixo, o seu obxectivo é “animar tamén á mocidade a coñecer e utilizar os servizos municipais”.

O primeiro contido publicado pola Tenencia de Alcaldía ten como obxectivo promocionar o uso do transporte público e do pago mediante a Tarxeta Cidadá. “Comezamos coa promoción previa á modernización do servizo do transporte urbano, e seguimos animando a realizar o pago usando a Tarxeta Cidadá” afirmou Rubén Arroxo, que explicou, “coa tarxeta, o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou incluso 0,31 no caso de ter dereito a algunha bonificación, pagando só 0,19€ se se realiza un transbordo”. As publicacións da Tenencia de Alcaldía no TikTok poderán seguirse a través do perfil https://www.tiktok.com/@comunicaciontalcaldia.

ÚLTIMAS

Lugo recoñece a traxectoria de Xesús Alonso Montero e Rafael de Vega Barrera, fillos adoptivos da cidade

O Concello de Lugo recoñeceu este sábado a traxectoria de dous "lucenses de corazón",...

Controlado un incendio nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei

Un incendio orixinado esta tarde nunha nave que almacenaba palla en Palas de Rei...

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...