Só tres novos contaxiados na provincia por covid nas últimas 24 horas

Mantéñense seis pacientes con covid en UCI e caen a 16 os doutras unidades --dous menos--.

Unha sanitaria, antes de realizar un test de coronavirus no Hospital Público da Mariña | EFE - Eliseo Trigo

Os casos activos seguen coa tendencia descendente e sitúanse por baixo dos 3.000, con cifras similares ás de finais do mes de agosto do pasado ano, con 2.931. Tamén se volve a reducir a presión hospitalaria ata os 330 ingresados con Covid, 18 pacientes menos, deles 73 en UCI.

Segundo os datos actualizados na mañá deste venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste xoves, hai 73 pacientes Covid en UCI en Galicia –catro menos– e 257 noutras unidades de hospitalización –14 menos–.

Os ingresados por coronavirus descenden en cinco das sete áreas sanitarias, mentres que soben na de Ourense, que mantén catro en UCI –sen cambios– e 20 noutras unidades –un máis–, mentres que na de Vigo seguen 16 en críticos e 41 noutras unidades –sen cambios ambos os datos–.

Con todo, os contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba aumentaron lixeiramente ata os 167 –nove máis que este xoves–, tras comezar a semana con 88. Deles,  tres na área de Lugo que a-índa ten 210 casos activos. Por outra banda, mantéñense seis pacientes con covid en UCI e caen a 16 os doutras unidades –dous menos–.

TAXA DE POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade –porcentaxe de infeccións por test PCR realizados– subiu lixeiramente a un 1,86%, tras situarse nun 1,78% este xoves. Así, Galicia continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here