InicioSociedadeNa busca do mellor estudante de Química da provincia de Lugo

Na busca do mellor estudante de Química da provincia de Lugo

A XXXVIII Olimpiada Galega de Química celebra as probas de selección na tarde deste venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia buscan o mellor alumnado en química dos centros educativos de Lugo e a súa provincia a través da XXXVIII Olimpíada Galega de Química 2021. As probas serán presenciais e celébranse hoxe, venres 12 de marzo, na Facultade de Ciencias.

As cidades da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo acollen simultaneamente ese mesmo día as probas da XXXVIII Olimpíada Galega de Química dirixida ao alumnado de bacharelato dos centros educativos da comunidade. Nas cinco cidades as probas comezarán ás 16.30 horas. Haberá dúas partes. A primeira, de 16.30 a 17.30 horas, será tipo test. A segunda parte, de 18.00 a 19.00 horas, consistirá en dous problemas e un suposto práctico de laboratorio.

Despois dun intenso traballo de organización durante os últimos meses por mor da incidencia da pandemia no ámbito da docencia, a Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, liderados por Manuel Rodríguez Méndez, conseguiron que as probas da XXXVIII Olimpíada Galega de Química fosen este ano presenciais. A cita non puido celebrarse no 2020, pois etaban previstas para o mesmo día no que se anunciou o inicio do confinamento.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...