Home Lugo e contorna Lugo O Campus de Lugo lembra a Luisa Pérez-Soba, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia

O Campus de Lugo lembra a Luisa Pérez-Soba, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia

0
O Campus de Lugo lembra a Luisa Pérez-Soba, a primeira enxeñeira agrónoma de Galicia
Luisa Pérez-Soba y Baró, primeira enxeñeira agrónoma de Galicia | LX

A memoria e o legado da primeira enxeñeira agrónoma de Galicia, María Luisa Pérez-Soba y Baró recobrou este xoves actualidade no Campus de Lugo no marco da cerimonia de entrega de premios do V Concurso de Traballos de Fin de Grao sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha sesión que serviu para tributar homenaxe a quen tamén foi a quinta enxeñeira agrónoma de toda España, logo de completar os seus estudos entre 1954 e 1959 nunha promoción eminentemente masculina e na que so había dúas mulleres.

A catedrática Isabel Fernández, que traballou na revisión da biografía desta pioneira no ámbito da enxeñaría agrónoma xunto coa súa colega docente Esther Gómez Fórneas, foi a encargada de sinalar algúns dos logros acadados por Pérez-Soba y Baró, que se atopa entre as persoas que impulsaron a creación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, un órgano de cuxa sede coruñesa actuaría como secretaria entre 1962 e 1976.

O recoñecemento explícito desde o Campus de Lugo á figura de Pérez-Soba y Baró serviu de colofón da cerimonia de entrega de premios do V Concurso de TFG sobre Enxeñaría e Muller Rural, unha iniciativa promovida desde a Comisión de Igualdade de Xénero da EPS de Enxeñaría de Lugo para outorgar visibilidade ao cometido que desenvolven e poden desenvolver as mulleres nun ámbito tecnolóxico como o que constitúen as enxeñarías.

A GALARDOADA

A subdirectora da EPS de Enxeñaría da USC, Rosa Romero, foi a encargada de conducir un acto co que o centro universitario lugués tamén conmemora o Día Internacional da Muller Traballadora e no marco do que tamén participaron como relatoras a profesora Dolores Fernández Rodríguez, coordinada da Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE) e a enxeñeira galardoada neste certame, Daniela Filipa Lourenço dos Santos.

Lourenço dos Santos, que recibiu como premio unha gratificación en metálico de 200 euros, aproveitou a súa intervención para explicar a temática do seu Traballo de Fin Grao, un estudo no que trata o desenvolvemento e a optimización de sistemas construtivos innovadores para unha construción sostible.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here