InicioSociedadeA defensa de Liñares recorrerá a sentenza ante o Supremo

A defensa de Liñares recorrerá a sentenza ante o Supremo

O avogado do expresidente da CHMS confirmou que presentará recurso de casación nun prazo de cinco días contra o auto que condena o seu cliente a cinco anos de cárcere por suborno e prevaricación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O avogado Evaristo Nogueira, responsable da defensa do expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Fernández Liñares, confirmou a súa intención de recorrer en casación ao Tribunal Supremo a sentenza da Audiencia Provincial que o condena a cinco anos de cárcere polos delitos continuados de prevaricación e suborno.

En declaracións a EFE, o letrado confirmou que “despois dunha lectura pormenorizada da sentenza”, que onte se fixo pública por parte da Audiencia Provincial de Lugo, “hai motivos para recorrer ao Supremo”. Por iso, confirmou a súa intención de anunciar o citado recurso “no prazo de cinco días”.

Con respecto á situación anímica do seu cliente tras coñecer o fallo xudicial, Nogueira dixo que recibir unha noticia deste tipo “nunca é gratificante”, pero tamén recoñeceu que Fernández Liñares “é un home forte”.  “Tivemos unha conversación telefónica, pero a próxima semana espero velo en persoa para intercambiar impresións”, precisou o avogado.

A SENTENZA

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de cárcere por delitos continuados de suborno e prevaricación ao expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) Francisco Fernández Liñares.

O tribunal tamén lle impón a inhabilitación para desempeñar cargo ou emprego público durante vinte anos e pagar unha multa de 7.200 euros, porque considera probado que amañou contratos de obras a cambio de subornos con outros oito empresarios condenados polos mesmos delitos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...