InicioSociedadeAdmiten unha querela contra DomusVi por presunta neglixencia médica na residencia de...

Admiten unha querela contra DomusVi por presunta neglixencia médica na residencia de Monforte

Unha usuaria entrou sa e polo seu propio pé no centro. En dous meses rematou cun ictus, trombo pulmonar e ao bordo do falecemento.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución nº2 de Monforte de Lemos admitiu a trámite unha querela por presunto delito de neglixencia médica contra Geriatros e DomusVi, e contra catro persoas físicas, entre elas a directora xeral do grupo xeriátrico, Josefina Fernández, e dous altos cargos da Xunta de Galicia.

A denuncia relata que unha das usuarias do centro, Carmen B.G., tivo que ser tratada hospitalariamente de varias úlceras polo malo trato dispensado no centro, así como por “desnutrición severa e infección de orina en apenas dous meses” que estivo ingresada.

“Carmen, que entrou na residencia polo seu propio pé, perdeu totalmente a mobilidade, sufríu un gran deterioro cognitivo, e rematou no hospital en estado crítico con desnutrición severa e úlceras necróticas do grao IV do tamaño dunha pelota de tenis”, recolle o escrito remitido por Rede, entidade de defensa dos pacientes de residencias.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...