InicioSociedadeA residencia de Meira empezará a funcionar de cara ao verán

A residencia de Meira empezará a funcionar de cara ao verán

A xunta de goberno provincial aprobou a licitación do equipamento. O centro de maiores de Pedrafita abrirase, previsiblemente, na primavera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou que a residencia de maiores de Meira estará operativa no primeiro semestre do ano, e a de Pedrafita do Cebreiro “entre abril e maio”.

Tras a xunta de goberno deste venres, Tomé avanzou que se aprobou “a licitación do contrato para dotar de equipamento ao centro de atención a persoas maiores do concello de Meira por case 300.000 euros (298.897,50) e ten un prazo de entrega de dous meses”.

EQUIPAMENTO

O contrato divídese en cinco lotes. O primeiro deles, e polo que se consigna a maior partida (160 mil euros), “é para o mobiliario en xeral”. Contémplanse “30 camas eléctricas articuladas” cunha “novidade importante” que ten que ver co tamaño: “nas residencias que están a funcionar e funcionan ben eran de 90 centímetros, pero para persoas con problemas de mobilidade estaría mellor camas de 1,05 metros, o que permite un maior descanso”. “Estas camas serán de 1,05 no canto de 90″, pormenorizou.

Tamén se apresurou en deixar claro que “neste contrato prevese unha posible ampliación de compra de materiais para poder aumentar o número de prazas desta residencia e pasar de 30 coas que empezará a funcionar a 38 de capacidade”.

Co equipamento, Tomé aseverou que se “dá un paso importante para cumprir esa previsión de abrir o centro de Meira no primeiro semestre do presente ano”. “En todo caso, se non pode ser no mes de xuño, de cara ao verán si que estará aberta esta residencia”, comprometeu.

Seguidamente, o presidente provincial tamén indicou que “se aprobou o plan de seguridade e saúde para acometer obras de acondicionamento necesarias e así poder abrir o centro de Pedrafita do Cebreiro, que é un centro que está dotado, e a nosa previsión é que posiblemente no mes de abril ou maio estea a funcionar. En todo caso na primavera”.

MÁSCARAS

Na mesma xunta de goberno acordouse a “compra de 170.000 máscaras FFP2 para a protección fronte á Covid-19 do persoal da Deputación de Lugo, por un importe ao redor dos 60.000 euros”.

“Esta compra forma parte das medidas que tomamos desde a Deputación de Lugo, desde o inicio da crise sanitaria, para extremar a precaución e a prevención e protexer así aos traballadores e traballadoras nos seus postos de traballo”, destacou finalmente José Tomé.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Denuncian unha agresión a unha menor durante unha manifestación en Lugo por levar unha bandeira saharauí

Comunidade Saharauí en Galiza presentou unha denuncia pola agresión sufrida por unha menor saharui durante unha...