InicioSociedadeTraballadores de RTVE en Lugo protestan contra a renovación "politizada" do Consello...

Traballadores de RTVE en Lugo protestan contra a renovación “politizada” do Consello Administrativo

O persoal das delegacións galegas critica o "cambio de cromos" entre partidos no nomeamento de cargos, un sistema que non cumpre coas garantías de independencia dos medios públicos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Traballadoras e traballadores de RTVE en Galicia protagonizaron este mércores 3 de marzo accións de protesta contra o proceso de renovación do Consello de Administración da compañía, que culminou este luns coa publicación no BOE dos nomes dos novos conselleiros. Os profesionais da delegación de Lugo tamén se sumaron a estas reivindicacións.

“Non ao cambio de cromos en RTVE”. Esta frase que se podía ler nos carteis que amosaron hoxe nas súas concentracións fai referencia a que “unha vez máis as formacións políticas estatais optaron pola designación de cargos en base a cotas partidistas” no canto de cumprir as “promesas de despolitilización” dos medios públicos.

Así pois, este mércores o cadro de persoal concentrouse diante dos centros de traballo en Galicia como mostra do rexeitamento a un proceso que, aseguran, non respectou o compromiso de “impulsar un concurso público, baseado na traxectoria, mérito e capacidade dos candidatos coa fin última de garantir a independencia de RTVE”. 

+ posts

ÚLTIMAS

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

O PSdeG de Rábade critica os orzamentos de 2026 por non teren “proxecto político”

O Grupo Municipal Socialista de Rábade votou en contra da aprobación inicial dos orzamentos...

Luz verde do Concello de Lugo para ampliar o paseo do río Rato

A xunta de goberno local de Lugo deu luz verde á intervención no tramo...