InicioSociedadeOs casos seguen á baixa en Lugo, aínda con 37 persoas ingresadas

Os casos seguen á baixa en Lugo, aínda con 37 persoas ingresadas

O Hospital da Mariña queda libre de pacientes Covid.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus continúa en descenso na área sanitaria de Lugo, que este mércores rexistra 427 pacientes con infección activa (29 menos ca onte). Así mesmo, a cifra de novos casos tamén segue sendo baixa (11), aínda que non tanto coma na xornada anterior, na que só se reportaran tres diagnósticos.

Con todo, non se reduce o número de hospitalizacións. A provincia conta 37 persoas ingresadas, unha máis ca onte. Delas, 23 están en planta (19 no Hospital Universitario Lucus Augusti e 4 no Hospital Comarcal de Monforte) e 14 na Uci do Hula. Así, o Hospital da Mariña queda libre de pacientes Covid.

Dende o inicio da pandemia, faleceron en Lugo 206 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, curáronse 11.092 e realizáronse 189.341 probas PCR (792 onte).

GALICIA

Pola súa parte, a comunidade galega baixa hoxe das 100 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos, aínda que se produce unha lixeira repunta nos contaxios respecto da xornada anterior. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...