InicioSociedadeOs bombeiros dos seis parques comarcais reciben a primeira dose da vacina

Os bombeiros dos seis parques comarcais reciben a primeira dose da vacina

Son, en total, 117 profesionais dos parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento informou de que os 117 profesionais que traballan nos seis parques comarcais de bombeiros que xestiona esta entidade están a recibir a primeira dose da vacina contra a covid-19.

Segundo a información facilitada polo propio consorcio, formado pola Deputación de Lugo e a Xunta, todos os profesionais que integran o persoal dos seis parques de bombeiros da provincia comezaron onte a recibir a primeira dose da vacina, cuxa aplicación está previsto que termine mañá nos hospitais de referencia de cada comarca -entre os días 1 e 3 marzo-.

A previsión é que reciban a segunda dose da vacina nun prazo de doce semanas, de modo que o proceso de inmunización do persoal quedará completado durante o mes de maio.

O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...