InicioSociedadePiden un novo xuíz para Lugo ao aumentar un 164% os casos...

Piden un novo xuíz para Lugo ao aumentar un 164% os casos da sección primeira

A petición radica na intención de "aliviar" estas unidades polo elevado volume de carga de traballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordaron solicitar ao Ministerio de Xustiza a creación dun novo xulgado do Mercantil na Coruña e dúas prazas de maxistrado para a sección primeira das audiencias provinciais de Ourense e de Lugo.

As peticións de creación de novas unidades xudiciais en Galicia foron abordadas na Comisión Mixta de xustiza, que estivo encabezada polo número dous do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, e o presidente do TSXG, José María Gómez e Díaz-Castroverde.

Como explican ambas as entidades nun comunicado, a petición radica na intención de “aliviar” estas unidades polo elevado volume de carga de traballo ao que deben facer fronte. Por exemplo, os dous xulgados do Mercantil da Coruña asumen un 220% de asuntos máis dos que establecen os módulos, segundo as estatísticas do propio Ministerio de Xustiza.

Pola súa banda, as seccións civís de Lugo e Ourense, para as que se solicitan dous novos maxistrados, atópanse na actualidade reforzados con comisións de servizo e atenden un 164% e un 181%, respectivamente, por encima do módulo de casos.

Así as cousas, esas serán o tres unidades que Galicia solicitará formalmente ao Ministerio de Xustiza. O tres son avaladas agora pola Xunta tras ser seleccionadas no pleno da Sala de Goberno do TXSG, que, ademais destas unidades, sinalou outra decena de prioridades para a xustiza galega.

Entre elas figuran a creación dun novo xulgado do Social en Ferrol, unha unidade de Primeira Instnacia na Coruña e outra en Vigo, unha praza de maxistrado da orde penal nas audiencias da Coruña e Pontevedra e a posta en marcha de novos xulgados mixtos en Viveiro, Vilagarcía, Ribeira e Carballo.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...