InicioSociedadeOs sanitarios fanse oír no HULA: "Conselleiro, garde o aplauso e mellore...

Os sanitarios fanse oír no HULA: “Conselleiro, garde o aplauso e mellore as nosas condicións laborais”

Facultativos do Sergas concentráronse para reivindicar o fin da "precariedade laboral" do sistema galego de saúde, agravada coa pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Facultativos do Sergas protagonizaron este xoves concentracións para demandar á Consellería de Sanidade melloras na calidade asistencial e a configuración de condicións de traballo “dignas” que poñan fin “á precariedade laboral” no sistema galego de saúde.

Ás portas do Hospital Lucus Augusti (HULA), decenas de médicos facultativos concentráronse no mediodía deste xoves para reclamar “unha sanidade pública forte e robusta, que busque ante todo a calidade asistencial”.

“Garde o aplauso, señor conselleiro, e mellore as condicións laborais dos traballadores da saúde. Esa será a mellor recompensa e, sen ningunha dúbida, a mellor terapia psicolóxica que nos pode ofrecer”, proclamaron nun manifesto lido na porta principal do complexo hospitalario lugués.

“Levamos anos traballando ao límite e tivo que vir unha pandemia para deixalo todo ao descuberto“, subliñaron, antes de exclamar que “o prezo” da crise sanitaria para os profesionais é “incalculable”, con “80 compañeiros falecidos por falta de EPIS e máis de 100.000 sanitarios” contaxiados en toda España.

Por todo iso, reivindicaron que “non” necesitan que se lles “aplauda” desde as administracións polo seu papel, senón que este ha de ser recoñecido con “compromisos” á hora de atallar “a precariedade laboral a todos os niveis”.

En primeiro lugar, coa consolidación de prazas eventuais que pasen a ser estruturais para a súa convocatoria en oferta pública de emprego e así “evitar a masificación das consultas, axilizar as listas de espera e contratar ao persoal necesario” para “unha mínima calidade asistencial”. Á súa vez, reclámanlle á Consellería de Sanidade que as horas extraordinarias ou de garda sexan retribuídas “como corresponde” e que se respecten os horarios de descanso “de forma razoable”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...