InicioSociedadeMáis de 10.300 lucenses xa recibiron as dúas doses da vacina

Máis de 10.300 lucenses xa recibiron as dúas doses da vacina

Case 4.000 estudantes do Campus de Lugo serán citados a principios da semana que vén para un cribado con tests de antíxenos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) continúa co proceso de vacinación na área sanitaria de Lugo – A Mariña – Monforte, onde ata o día de onte se puxeron 31.952 doses. Deste total, 20.620 foron aplicadas en 10.310 persoas que xa recibiron as dúas doses e, polo tanto, están completamente vacinadas.

O xerente da área sanitaria, Ramón Ares, explicou que o Sergas segue inmerso na campaña de vacinación, un proceso “que se está realizando de maneira áxil e sen ningunha incidencia destacable”.

Lembrou que a campaña arrincou a finais de ano nas residencias de maiores. Usuarios e traballadores sociosanitarios foron os primeiros en ser vacinados, seguidos de profesionais sanitarios. Agora o Sergas céntrase no colectivo de docentes, que están a ser citados nos tres hospitais públicos, e nas persoas maiores de 80 anoscuxa vacinación se desenvolve nos centros de saúde das cabeceiras de comarca.

Segundo datos de Ramón Ares, estanse aplicando máis de 800 doses diarias de media a maiores de 80 anos na provincia de Lugo. “O ritmo de vacinación vai vir dado polo número de vacinas que teñamos dispoñibles”, avanzou.

CRIBADO UNIVERSITARIO

Por outra banda, o xerente da área sanitaria tamén anunciou que a comezos da semana que vén se realizará o cribado universitario a estudantes da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo. Son case 4.000 alumnas e alumnos que serán citados vía SMS para realizar un test de antíxenos.

Cadrando co inicio das clases presenciais, “o obxectivo é detectar posibles positivos asintomáticos para evitar as cadeas de transmisión”. As probas efectuaranse na Facultade de Veterinaria os vindeiros luns e martes, en horario de mañá e de tarde. Ata alí desprazaranse sete equipos de vacinación que tomarán as mostras e farán o rexistro in situ.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...