InicioSociedadeAsí cambiará o tramo da Ronda da Muralla situado entre a rúa...

Así cambiará o tramo da Ronda da Muralla situado entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba

Rubén Arroxo presentou o proxecto de transformación, que avanza na peonalización e que inclúe unha renovación da zona da Porta de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e o edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas,  presentaron esta mañá o proxecto de transformación da Ronda da Muralla no tramo comprendido entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba. Despois de que no 2020 se habilitara un paso peonil provisional, neste 2021 avánzase no proceso de peonalización.

O plan inclúe non só un aumento do espazo para peóns, senón unha “renovación da zona da Porta de Santiago, dando unha mellor estética ao punto da cidade no que se xuntan os tres Patrimonios da Humanidade cos que contamos”, explicou Arroxo. Ademais, sinalou que “o proxecto que se levará adiante permitirá ampliar a actuación no futuro, cando se avance na peonalización total da Ronda da Muralla”. 

Cambios no carril entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba, en Lugo | LX

O alumeado deste treito consistirá en 9 luminarias LED tipo RGB, que permitirán unha iluminación adaptada segundo a hora do día. “Isto mellorará a percepción visual da Muralla”, abundou Rubén Arroxo.

En canto á circulación do tráfico, Rubén Arroxo avanzou que “os vehículos  contarán con maior fluidez, ao modificarse o cruce da Ronda da Muralla coa rúa Santiago”. Con esta actuación, o cruce pasará de ter un semáforo de tres tempos a ter preferencia o tráfico que circule pola Ronda, tendo un Ceda o Paso os vehículos que se acheguen pola rúa Santiago. 

Esta actuación sairá a licitación cun orzamento base de 575.990,77€, e un prazo de realización de 6 meses. “Unha vez rematen esta actuación e a peonalización do treito da Mosqueira, a veciñanza de Lugo contará coa totalidade da zona sur da Muralla humanizada”, sentenciou Rubén Arroxo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...