Home A Ulloa Cal é a esperanza de vida media para os lucenses?

Cal é a esperanza de vida media para os lucenses?

0
Cal é a esperanza de vida media para os lucenses?
Dous homes len unha necrolóxica nunha rúa de Guitiriz, a 17 de febreiro de 2021 | Carlos Castro - Europa Press

Os nados en Galicia en 2019 teñen unha esperanza de vida de 83,82 anos, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta cifra é lixeiramente superior aos 83,15 anos de esperanza de vida dos nados en 2018. Así, este dato increméntase por cuarto ano consecutivo, despois de que descendese en 2015. Hai diferenzas por sexos: a esperanza de vida é de 80,67 anos para os homes, seis anos menos que as mulleres (86,84 anos).

Por provincias, a maior cifra media atópase en Ourense (84,05 anos), seguida de Pontevedra (83,97), Lugo (83,82) e A Coruña (83,62). A esperanza de vida para as persoas de 65 anos en 2019 situouse en 22,14 anos máis. Este valor incrementouse respecto de 2018.

Respecto das persoas que tiñan 80 anos en 2019, quédanlles por vivir uns 10,78 anos máis. Esta media non ten en conta o impacto do coronavirus que chegaría en 2020.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here